Cofinancio o proxecto Película Documental: Habitar o baleiro #goteo #habitarobaleiro #Galicia #crowdfunding: gl.goteo.org/project/peli...
Quedan nove días para participar na campaña aberta en Goteo. Axúdasnos a facer o documental de #habitarobaleiro ?
www.goteo.org/project/peli...
Habitar o baleiro. "Prefiro ver as estrelas" @vinte.praza.gal vinte.praza.gal/artigo/habit...
Grazas a Vanesa Vázquez por esta fermosa e completa peza falando sobre #Habitarobaleiro
Seguimos coa campaña en goteo para facer un documental sobre o que nace e esmorece no rural en Galicia.
#Habitarobaleiro
www.goteo.org/project/peli...
#Habitarobaleiro
A cultura e o saber das nosas aldeas.
Axúdanos a contalo
👇👇👇👇👇👇👇👇
www.goteo.org/project/peli...
Eu con Claudia a carón dun retrato dunha muller anciá de Brais Lorenzo.
A fotografía de Brais Lorenzo a Celso, o coroceiro, recortada vilmente por min. Tedes que ir ver a orixinal.
Coroza Uso: Para protexerse da auga e a humidade Autora: Isolina Martínez Cerqueiro Técnica: Cestería de xuncos Material: Xunco Capa longa ata media perna composta por unha carapucha, un capote que cobre os ombreiros e chega ata a cintura; e dous interiores que cobren dende os ombreiros e chegan ata os pés. As fibras exteriores deixanse libres, sen tecer para aumentar a protección. Texto de Elisa Pereira e Andrea Alonso (2007-2009)
Onte estaba na exposición de #HabitarOBaleiro cando apareceu por alí @claudiamoran90.bsky.social.
Chegoume a historia do coroceiro, aínda que haxa outras máis tráxicas, porque simboliza un mundo que desaparece.
Non deixedes de ir por Castrelos para vela se sodes de Vigo, porque está francamente ben.
As mans que creban a desmemoria🤲
As de Eladio, Celso, Isabel e Elena, dende o corazón da nosa cultura, das nosas orixes. #HabitaroBaleiro e os oficios tradicionais. Hoxe en #SermosGaliza
@nosdiario.gal.web.brid.gy
🌿
✍A.A.Ucha
📸@braislorenzo.bsky.social
Tradición en torno ao lume para dar a benvida ao novo ciclo. Os veciños de Sande, Cartelle (Ourense) reciben o 2025 coa «Queima dos Píos».
📸 @braislorenzo.bsky.social
#efenoticias #habitarobaleiro
A reportaxe forma parte dunha serie que todo o equipo de #HabitarObaleiro comezamos a publicar en setembro en #Sermos Alba Moledo, Lucía Abarraregui, Sergio Pascual, @braislorenzo.bsky.social, Elisabet Fernández e Manolo Broa. Documentar o rural como exercicio de xornalismo e memoria
Estivemos na casa de @loisblancoarauxo.bsky.social, literalmente, para falar de #HabitaroBaleiro.
Falamos do rural, o que quere dicir que falamos de natureza, de economía, de saúde mental, de mitos e de estereotipos. Moitas grazas pola acollida, @culturaluzes.bsky.social
Podedes escoitalo aquí🎙