Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#historiadapesca
Advertisement · 728 × 90
Na imaxe vense varios salmóns de grande tamaño

Na imaxe vense varios salmóns de grande tamaño

Estas fotografías mostran varios salmóns de grande tamaño (a nova di que algún exemplar supera os 15 kg) pescados no río Miño no ano 1963 (fonte: Boletín de información do CIT de Tui). Hoxendía a situación da especie é ben diferente #historiaeconomica #minho #miño #salmon #historiadapesca

4 2 0 0
Post image

Nos últimos tempos estase falando moito do declive do salmón. Esta nova de 1955 sitúanos no río Mandeo nos tempos de fartura, mostrándonos un enorme exemplar pescado. A mesma nova indica que entre 1934 e 1940 pescáronse en Galiza 1.184 salmóns e 119.000 zamborcas #historiadapesca #sábalo #salmon

0 1 0 0
Na imaxe vese unha nova titulada "La pesca de la angula en Galicia" na que fala de imponentes cantidades pescadas nos cursos fluviais galegos e, especialmente, no Miño

Na imaxe vese unha nova titulada "La pesca de la angula en Galicia" na que fala de imponentes cantidades pescadas nos cursos fluviais galegos e, especialmente, no Miño

Estase a falar moito da pesca da angula, a cría da anguía. Esta especie está en grave risco de desaparición sen que se acaben de tomar medidas decididas para a súa protección. Moi lonxe quedan estas "cantidades imponentes" das que nos fala esta nova do 1947 #historiadapesca #anguía #minho #eel

0 0 0 0
Na imaxe vese un gráfico coa dinámica do número de esturions pescados no Guadalquivir desde 1934 ata 1954. Nalgún ano achegase aos 400 exemplares pescados

Na imaxe vese un gráfico coa dinámica do número de esturions pescados no Guadalquivir desde 1934 ata 1954. Nalgún ano achegase aos 400 exemplares pescados

De cando se pescaban esturións nos ríos da península ibérica. Nesta ocasión comparto un gráfico do ministerio con info de capturas no Guadalquivir desde 1934 ata 1954. En Galicia esta especie anádroma podía atoparse no Miño pero considérase extinta #historiaeconomica #esturion #historiadapesca

10 5 1 0