Despedimos as #letrasgalegas2025 desde #brosales, lembrándovos que quedan nas nosas #bibliotecas todos os libros que precisedes para montar unha #foliadabibliotecaria: cantigas, cantareiras, música galega e poesía popular oral danse a man nas nosas recomendacións!
#letrasgalegasBMC #recomendamosBMC
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polas #LetrasGalegas2025, homenaxeamos a cantareiras e poesía popular oral, e fixemos foliada entre libros. E compartimos un dos últimos retallos das foliadas nas bibliotecas, coas pandeireteiras de #Donaire na #bcastrillón.
#letrasgalegasBMC #foliadabibliotecaria
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Hoxe si, moi feliz día das nosas letras! Este ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, polo que ao longo da semana compartimos anacos de baile e canto entre libros. E ti, apuntaríaste a unha #foliadabibliotecaria?
#letrasgalegasBMC #letrasgalegas2025
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polas #LetrasGalegas2025, homenaxeamos a cantareiras e poesía popular oral, e fixemos foliada entre libros. Este venres, desde #brosales afinan voces e quentan pés para traer ás vosas casas a nosa poesía popular oral. Dálle!!!
#letrasgalegasBMC #foliadabibliotecaria
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polas #LetrasGalegas2025, homenaxeamos a cantareiras e poesía popular oral, e fixemos foliada entre libros. Este xoves, as bibliotecarias da #bsagradaf botan a última antes de marchar. Ter unha mostra "ad hoc" na biblio anima!
#letrasgalegasBMC #foliadabibliotecaria
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polas #letrasgalegas2025, homenaxeamos as cantareiras e a poesía popular oral, e quixemos levar a foliada entre os libriños. Este mércores, as bibliotecarias de #bmontealto tiran de repertorio popular para escomenzar a festa!
#letrasgalegasBMC #foliadabibliotecaria
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polo día das Letras Galegas, que este ano homenaxea as cantareiras e a poesía popular oral, quixemos levar a foliada entre os libriños. Este martes, desde #bforum anímanse a darlle unha boa punteada!
#letrasgalegasBMC #letrasgalegas2025 #foliadabibliotecaria
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polo día das Letras Galegas, que este ano homenaxea as cantareiras e a poesía popular oral, quixemos levar a foliada entre os libriños. Este luns, bailan as rapazas de #ObxectivoBibliotk da #bCastrillón. Dádelle aí!
#letrasgalegasBMC #foliadabibliotecaria
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polo día das Letras Galegas, que este ano homenaxea as cantareiras e a poesía popular oral, quixemos levar a foliada entre os libriños. E é que os libros tamén se apuntan á festa! Que cantigas nos pedides?
#letrasgalegasBMC #letrasgalegas2025 #foliadabibliotecaria