Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#outes
Advertisement · 728 × 90
Post image

Queren pechar os centros de saúde de Outes e Porto do Son os sábados pola mañá! #noia #outes #portodoson

1 0 2 0
Preview
Comeza a conta atrás para o Trail Series de Outes, este domingo Este domingo 25 de xaneiro arrinca a nova edición do Trail Series de Outes, organizado por Arousa Neo en colaboración con CAO e co Concello. A saída será dende O Freixo (Centro Náutico). Haberá tres vertentes: curta (15 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel), longa (21,5 quilómetros e 1.100 metros de desnivel) e […]
0 0 0 0
Preview
O alcalde de Outes traslada ao conselleiro de Sanidade necesidades para a mellora a atención sanitaria no municipio O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, mantivo nos últimos días unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na que o rexedor aproveitou para trasladar unha serie de necesidades que permitirían mellorar a atención sanitaria no municipio. En concreto, Calo mostrou interese na cobertura dunha praza de atención primaria que […]
0 0 0 0
Preview
ULA Libraría Social inicia o 30 de xaneiro un Club de Lectura xuvenil para a rapazada de entre 10 e 17 anos ULA Libraría Social, con sede na rúa da Capela da Serra de Outes, organiza este 30 de xaneiro a primeira sesión do seu Club de Lectura autoxestionado e xuvenil, impulsado pola veciña Valeria Martí. Dará comezo ás 19.30 horas na sede da libraría e con esta actividade preténdese afianzar nos saudábeis e enriquecedores hábitos da […]
0 0 0 0
Outes avanza na conservación do río Tins cun grande acordo de custodia fluvial (xornada de traballo para o día 30) Logo de tres anos de andadura do proxecto ReNatur_Outes, as entidades promotoras e a veciñanza de Outes séntanse para mirar atrás, rever os logros desta iniciativa para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano, e trazar unha folla de ruta para continuar avanzando na conservación, restauración e posta en valor […]
0 0 0 0
O espectáculo de monicreques “Nanai da China” recala en Outes o 24 de xaneiro O espectáculo teatral Nanai da China, da compañía Pérez&Fernández e da produtora Urdime (gañadora do Premio María Casares á mellor montaxe de monicreques en 2024), vai recalar en Outes o vindeiro sábado 24 de xaneiro na Casa da Cultura, a partir das 1900 horas. Nanai é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os […]
0 0 0 0
O Concello de Outes achega no Entroido unha nova edición do seu programa de conciliación O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrece o vindeiro mes de febreiro ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos, o servizo de conciliación Tempo de Entroido 2026, que forma parte do programa Outes Concilia. Desenvolverase os días 16 e […]
0 0 0 0
Preview
O Centro Social de Outes achega obradoiros de elaboración de sancosmeiros O Centro Social de Outes vai acoller novos obradoiros para elaboración de sancosmeiros, con grupos de iniciación e perfeccionamento para entre 10 e 15 persoas participantes. Desenvolveranse dende o sábado 7 de febreiro ata o 28 de marzo (8 sábados), en horario de mañá: de 10.30 a 12.30 horas. As inscricións cómpre facelas no Centro […]
0 0 0 0
A Xunta destinará 2 millóns de euros á nova residencia para persoas con discapacidade en Outes O centro situarase na antiga escola do Cruceiro de Roo e terá capacidade para aloxar 24 persoas A Xunta de Galicia destinará 2 millóns de euros á construción dunha nova residencia para persoas con discapacidade no concello de Outes (A Coruña), que será xestionada pola Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur). O Consello […]
0 0 0 0
A Ría da Estrela presentará en FITUR dúas novas peregrinacións marítimas A Ría da Estrela (a mancomunidade turística dos concellos da ría de Muros e Noia) escolleu FITUR, o certame internacional de turismo máis importante por volume de participantes e asistentes, para presentar dúas importantes novidades da súa oferta turística: -A sexta edición da Ruta Rías Baixas-Camiño da Ría de Muros Noia, que tras converterse na […]
0 0 0 0
Arousa Neo arrinca 2026 ao grande: coas Trail Series en Outes e Portosín (prazo de inscrición ata este domingo) Arousa Neo comezou o ano en clave intensa: organizando dúas probas de trail de máxima relevancia en Outes e máis en Porto do Son (Trail Series). A primeira das citas será o Trail de Outes, previsto para o vindeiro 25 de xaneiro, coa colaboración de CAO e con saída dende O Freixo (Centro Náutico). Haberá […]
0 0 0 0
A saúde e o apoderamento centran os obradoiros dos centros sociais de Outes que abren a inscrición este vindeiro luns O Concello de Outes presentou o programa de actividades para os vindeiros catro meses dos centros sociais municipais, cuxas inscricións ábrense o vindeiro luns 19 de xaneiro. A axenda será variada e diversa, aínda que todas as actividades programadas teñen o nexo común de fomentar a dinamización, a creatividade, o apoderamento, a autonomía para as […]
0 0 0 0
Preview
O vehículo VIDOC da Policía Nacional visita Outes o vindeiro 10 de febreiro O vehículo VIDOC da Policía Nacional estará o vindeiro 10 de febreiro no concello de Outes, en horario de 9.00 a 12.30 horas, co obxectivo de facilitar a renovación do DNI/pasaporte e evitar que a veciñanza teña que trasladarse ás oficinas da Policía Nacional máis próximas ao concello. O vehículo VIDOC fará 8 visitas a […]
0 0 0 0
Outes recibe a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha gran festa que comeza no Pavillón Municipal Comezaron en Outes as actividades para recibir ás Súas Maxestades de Oriente. Nesta xornada os Reis Magos reuniranse coa rapazada de Outes no Pavillón Municipal entre as 12:30 e as 13:30 e dende as 16:00 ata as 17:45. Pola tarde, dende as 18:00, comezará a Cabalgata coa comitiva real percorrendo as rúas da Serra dende […]
0 0 0 0
Preview
Outes recibirá aos Reis Magos cunha gran festa no Pavillón Municipal Comezou a conta a atrás para o inicio das recepcións ás Súas Maxestades de Oriente nos nosos concellos, onde participarán en multitudinarios e vistosos encontros coa rapazada e coa veciñanza en xeral. En Outes, as celebracións concentraranse o no vindeiro luns 5 de xaneiro. Nesta xornada As Súas Maxestades de Oriente recibirán á rapazada de […]
0 0 0 0
Baia Fernández presenta na ULA Libraría Social de Outes o seu libro de poemas “O faiado das papoulas” ULA Libraría Social (na rúa da Capela de Outes) vai acoller este venres de xaneiro a presentación do libro O faiado das papoulas, de Baia Fernández. Trátase, en palabras da autora, “dun libro de poesía intimista que abre xanelas a memorias da linaxe feminina”. Aínda sendo intimista, explica a autora, “esta obra non deixa de […]
0 0 0 0
O campamento Outes Concilia despide o ano colaborando na renaturalización do río Tins As nenas e nenos participantes no campamento Tempo de Nadal 2025-26, incluído no programa Outes Concilia, despediron o ano cunha actividade de educación ambiental ao contribuír ao proxecto de renaturalización do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes (ReNatur_Outes). A xornada tivo lugar o venres 26 e estivo guiada polas monitoras do campamento […]
0 0 0 0
Preview
A Banda de Música de Outes e a Coral Francisco Añón ofrecen este sábado un concerto solidario de Nadal Proseguen en Outes as actividades dirixidas a celebrar o Nadal impulsadas e/ou apoiadas polo Concello. Este sábado 27 de decembro está prevista unha das actividades máis destacadas: o Concerto de Nadal da Escola de Música Municipal de Outes e da Coral Francisco Añón. Será na Casa da Cultura de Outes a partir das 20.00 horas. […]
0 0 0 0
Preview
Os concellos do Barbanza viven o Nadal cunha manchea de actividades e propostas para maiores e (sobre todo) para pequenos O Nadal estase a vivir a tope no Barbanza. Este 23 de decembro quixemos compartir a axenda dos concellos, co obxectivo de axudar aos nosos lectores (especialmente á rapazada) a sacarlle o máximo partido ás celebracións na comarca. Na Pobra A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal ten preparado un amplo programa de […]
0 0 0 0
Preview
O BNG de Outes di que o Goberno de Fran Calo “recorta en obras e mantemento para pagar desfases noutras áreas” O Bloque Nacionalista Galego de Outes emitiu un comunicado no que critica ao Goberno local do PP de Fran Calo por “recortar en obras e mantemento para pagar desfases noutras áreas como festas e deportes”. Engadiron que isto contrasta cos argumentos dos populares cando fixeron prosperar a moción censura, intre no que “avogaron por sacar […]
0 0 0 0
Preview
O Concello de Outes entregou os premios aos talentos locais na III Gala do Deporte O Concello de Outes celebrou este sábado 20, ás 20:00 horas, no Pazo do Tambre, a terceira edición da súa Gala do Deporte, un evento que reuniu a preto de 300 persoas vinculadas ao tecido deportivo, social e institucional do municipio. A velada, presentada por Pablo Ríos por terceiro ano consecutivo, consolidouse como “unha cita […]
0 0 0 0
Preview
Xunta e Concello de Outes avanzan no proxecto dun centro residencial para persoas con discapacidade A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, visitaron a parcela proposta polo Concello para a creación dun centro residencial para persoas con discapacidade, un proxecto que contempla a reutilización dun inmoble que anteriormente funcionou como colexio. Desde o Concello de Outes sinalan que este edificio, de […]
0 0 0 0
Preview
A Xunta destina máis de 43.000 euros a Outes para reforzar a conservación ambiental e a prevención de incendios A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Outes, Francisco Calo, presentaron este venres a nova desbrozadora de brazo articulado adquirida polo Concello grazas a unha axuda autonómica de case 30.000 euros. Este equipamento permitirá mellorar os traballos de limpeza e mantemento de camiños e pistas municipais, actuacións clave tanto […]
0 0 0 0
Preview
Centros da Coruña, Outes e Santiago gañan o XII Premio Concepción Arenal, dotado con 5.000 euros O XII Premio Concepción Arenal para proxectos educativos pola igualdade de xénero xa ten gañadores. Os traballos Un mar de arco iris, do CEIP María Pita, na categoría de educación infantil; Tecendo saberes, do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes, na modalidade de educación primaria; e Patio para ti e para tods*, do […]
0 0 0 0
Augas de Galicia contribúe a eliminar vertidos en Outes e en Carnota A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal no concello de Outes e outro particular no de Carnota. O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) detectou ambas incidencias “no marco dos labores rutineiros que realiza nestes concellos ao abeiro […]
0 0 0 0
A Casa da Cultura de Outes acolle unha mostra fotográfica que documenta as historias da veciñanza de San Ourente O pasado luns 15 de decembro inaugurouse na Casa da Cultura Outes a exposición De Raíz. Perspectiva do xa pasado. Esta mostra, que se pode visitar durante o Nadal, reúne diversas coleccións de fotografías familiares. As fotografías proceden principalmente da parroquia de San Ourente, concello de Outes. Tratase dunha exposición que resalta a vida social […]
0 0 0 0
ADISBISMUR organiza este domingo 21 o XV Festival para compartir cultura, inclusión e convivencia en Muros A asociación inclusiva ADISBISMUR de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros organiza o seu XV Festival, unha cita xa consolidada que terá lugar o domingo, 21 de decembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura de Muros. O festival nace coa vontade de reunir á veciñanza para gozar dunha tarde de lecer e convivencia, […]
0 0 0 0
Preview
Medio Ambiente financia con preto de 70.000 euros varias melloras no saneamento e abastecemento de Outes A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, asinaron un convenio de colaboración para a execución de distintas actuacións de mellora nas infraestruturas de saneamento e abastecemento deste municipio coruñés por importe de preto de 70.000 euros. Os traballos son financiados por Augas de Galicia, que […]
0 0 0 0
O PSdeG provincial advirte ao Concello de Outes de accións legais se non retira as delegacións, retribucións e cargos que o concelleiro non adscrito non pode ostentar O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe ao Concello de Outes o “cumprimento inmediato da legalidade” e advirte de que acudirá á Xustiza se persiste a irregularidade. A Agrupación Provincial Socialista presentou ante o Concello un completo escrito de alegacións no marco do Expediente 192/2025, no que se solicita “a aplicación inmediata das consecuencias legais derivadas […]
0 0 0 0
Preview
O voluntariado fluvial regresa ao ríosTins cunha nova xeira de plantación de autóctonas o luns 15 O vindeiro luns 15 de decembro retómanse as plantacións de frondosas autóctonas como parte das intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins no Concello de Outes. Desta volta as persoas participantes plantarán carballos e freixos, árbores frondosas propias dos bosques de ribeira, a carón do río Tins ao seu paso polo […]
0 0 0 0