Nas bibliotecas municipais o teatro aparece ata entre libros de física! 🧪 O #ClubDeTeatroMaríaCasares da #bSagradaF celebra así o #DíaDoTeatro.
Precisas inspiración?
📚 Libros de teatro en todas as biblios.
🎭 Centro de interese na Biblio do Fórum.
A vida é teatro e a biblioteca o mellor libreto! 📖
✨ A maxia volve á Biblioteca Sagrada Familia!
Este luns 22 de setembro reabrimos a nosa sala infantil, co chan relucente✨, todo colocadiño no seu sitio e moitas ganas de recibir novas historias, xogos e sorrisos.
👧🧒 Vinde descubrir o espazo máis máxico da biblioteca!
#bSagradaF #reabrimos
📢 O xoves 28 abrimos inscrición para as clases de #español para persoas estranxeiras en Ágora e Sagrada Familia.
🔹 Prazas limitadas → inscrición presencial
🔹 Inicio das clases: 11 de setembro
Máis info. 👉 acortar.link/W3YKE2
#ClasesDeEspañol #BAgora #BSagradaF #españolparaestranxeiros
Árdelle o eixo nas bibliotecas! Polas #LetrasGalegas2025, homenaxeamos a cantareiras e poesía popular oral, e fixemos foliada entre libros. Este xoves, as bibliotecarias da #bsagradaf botan a última antes de marchar. Ter unha mostra "ad hoc" na biblio anima!
#letrasgalegasBMC #foliadabibliotecaria
Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia📚🔬, #BSagradaF destaca a figura de #MiniaManteiga, unha pioneira que brilla no ámbito da astrofísica ✨🔭.
#MullerNaCiencia #STEMGallega #11F #MulleresQueInspiran #CientíficasGallegas #DíaDaMullerNaCiencia #MullerErixeSTEM