#LGx15
Fátima Pego remata tallante: o galego depende de todos e todas nós. Só hai un xeito de mantelo vivo: FALÁNDOO!
#ComuniCanto
#LGx15
Fátima declara que tivo sorte de sentirse arroupada polo idioma: deulle identidade, alma...
O galego debe estar apoiado polas leis, mais a lingua camiña cara a adiante cando se fala na universidade, bares etc.
#ComuniCanto
#LGx15
E Fátima Pego tamén é creadora de contido. Se algunha marca lle pide mudar de lingua "para chegar a máis xente", ela teno claro: non quere chegar a máis xente, quere chegar á súa xente!!
E confesa que manténdose firme leva gañado unhas cantas batallas!
#ComuniCanto
#LGx15
Na música, Fátima Pego atopou no galego a súa canle e considera que está é vital para conectar coa mocidade.
Os éxitos das Tanxugueiras, Mondra... (mesmo C. Tangana cantando en galego) son mellores que calquera campaña ao lombo dun cabalo berrando clixés!!
#ComuniCanto
#LGx15
E despois está a retranca galega, o humor e os refráns. Para Fátima non nos entende quen non quere entendernos.
Son os nosos mellores mecanismos de defensa porque esa capacidade de rirnos de nós mesm@s tamén é por obra e graza do noso idioma.
#ComuniCanto
#LGx15
Para Fátima o galego é o fío invisible que a une coa casa, coa súa esencia... Estea onde estea, faga o que faga... É a súa maneira de mirar o mundo. E non é unha frase dunha cunca.
"Yo si te empiezo a hablar en castellano, ya no soy yo...", ironiza.
#ComuniCanto
#LGx15
Que estaremos a facer mal?, pregúntase Fátima Pego.
Ela viviu moitas situacións en que cambiar ao castelán era sinónimo de respecto. E aínda hoxe lle dá mágoa que compañeir@s seus (@s do 99%) eduquen as súas crianzas en castelán...
#ComuniCanto
#LGx15
Porén, hai uns anos Fátima Pego volveu ao seu colexio facer unha reportaxe: de 25 nenos/as tan só un par deles falaba en galego (e porque na casa lle dicían de falalo coa avoa ou coa avó; non era un galego en plan "e que comprouno, que traballo lle ía dar").
#ComuniCanto
#LGx15
Toda a infancia e xuventude de Fátima foi en galego e nun contorno galego (por moito que custe imaxinalo hoxe en día). Un dato: no seu colexio o 99% da rapazada falaba en galego e tiña dificultades para se expresar en castelán.
#ComuniCanto
#LGx15
Fátima Pego sempre viviu a lingua con naturalidade, de aí que a súa "loita" particular comezase cando en certas ocasións tiña que dar explicacións a por que falaba en galego (algo que é consciente que lle pasa a máis xente).
#ComuniCanto
#LGx15
O seu coa lingua galega é unha historia de amor. Como a desa amizade con alguén que está aí sempre e só comezas a valorar cando a perdes ou a ves ameazada por alguén.
Nese intre é cando te decatas de que non podes vivir sen ela.
#ComuniCanto
#LGx15
Fátima comeza presentándose: orgúllase de dicir que é de aldea (de Bastavales concretamente), dedícase á comunicación, foi 20 anos cantante de Panorama (e agora en solitario) e crea contido nas redes. E todo isto en galego!!!
#ComuniCanto
#LGx15
E a derradeira charla en marcha!! Fátima Pego no escenario: "ComuniCanto en galego"
#ComuniCanto