Aprender a lingua para formar parte do país: a experiencia de @mldelpueyo.com, participante do último #LGx15. @neofalantes.bsky.social
neofalantes.gal/aprender-a-l...
Artur Trillo viaxa ao corazón de Miñóns no #LGx15.
www.quepasanacosta.gal/video/dumbri...
A edición completa do último #LGx15 xa dispoñible na súa páxina web.
Seis novas charlas que se suman ás das 10 edicións anteriores.
www.lgx15.gal
Mariña Lema, a mestra cabanesa que lles dá Vitamina G ao seu alumnado da Coruña no #LGx15 - www.quepasanacosta.gal/video/cabana...
📹 Actuación de Cintaadhesiva no #LGx15!
"A praia" | "A beleza" 🎶
youtu.be/98BiY3TwUd0?...
"ComuniCanto en galego", Fátima Pego no #LGx15.
www.youtube.com/watch?v=dBRn...
📹 "Vernáculo", Artur Trillo no #LGx15.
📹 "Vitamina G, activa a túa lingua!", Mariña Lema no #LGx15.
www.youtube.com/watch?v=MVLs...
📹 "A minha nai", Cintaadhesiva no #LGx15. 🎶
www.youtube.com/watch?v=mPqU...
"Un bo médico ou un médico galegofalante?", Miguel López del Pueyo no #LGx15 @mldelpueyo.com
www.youtube.com/watch?v=KadI...
📹 "Unha galegofalante nas aulas de Compostela", María Maroño no #LGx15.
www.youtube.com/watch?v=1k8t...
Onte Carlos Callón / @carloscallon.bsky.social; hoxe María Maroño; mañá Miguel López del Pueyo / @mldelpueyo.com... Toda a semana, contra o final do día, para irmos desvelando o último #LGx15!!
🔔 Subscríbete á nosa canle do YouTube
i.gal/canlectnl
📹 "Sempre hai unha primeira vez", @carloscallon.bsky.social no #LGx15!
www.youtube.com/watch?v=NMG-...
Adianto do #LGx15!! @carloscallon.bsky.social, María Maroño, Mariña Lema, @mldelpueyo.com, Artur Trillo e Fátima Pego!
A partir do 12 de xaneiro todas as charlas na nosa canle do YouTube.
www.youtube.com/watch?v=2oJ2...
Os vídeos da última edición do #LGx15 cada vez máis preto!!
A partir do 12 de xaneiro na nosa canle do YouTube.
i.gal/canlectnl
Se non fuches ao #LGx15, velaquí unha mostra do que perdiches! Se fuches, velaquí o que non viches!!
Da man de Nuria Grandío, o #LGx15 por dentro!!
Con esta foto despedimos unha nova edición do #LGx15. Grazas ás persoas participantes, ao persoal técnico, ás entidades colaboradoras e ao público que nos acompañou nesta tarde marabillosa. En canto teñamos os vídeos dispoñibles, espallade as ideas para o futuro da lingua.
O faladoiro do #LGx15
#LGx15
Fátima Pego remata tallante: o galego depende de todos e todas nós. Só hai un xeito de mantelo vivo: FALÁNDOO!
#ComuniCanto
#LGx15
Fátima declara que tivo sorte de sentirse arroupada polo idioma: deulle identidade, alma...
O galego debe estar apoiado polas leis, mais a lingua camiña cara a adiante cando se fala na universidade, bares etc.
#ComuniCanto
#LGx15
E Fátima Pego tamén é creadora de contido. Se algunha marca lle pide mudar de lingua "para chegar a máis xente", ela teno claro: non quere chegar a máis xente, quere chegar á súa xente!!
E confesa que manténdose firme leva gañado unhas cantas batallas!
#ComuniCanto
E velaquí a mensaxe final de María Maroño neste #LGx15:
Loitemos desde as aulas por un presente en galego!
#galegofalanteCompostela
#LGx15
Na música, Fátima Pego atopou no galego a súa canle e considera que está é vital para conectar coa mocidade.
Os éxitos das Tanxugueiras, Mondra... (mesmo C. Tangana cantando en galego) son mellores que calquera campaña ao lombo dun cabalo berrando clixés!!
#ComuniCanto
#LGx15
E despois está a retranca galega, o humor e os refráns. Para Fátima non nos entende quen non quere entendernos.
Son os nosos mellores mecanismos de defensa porque esa capacidade de rirnos de nós mesm@s tamén é por obra e graza do noso idioma.
#ComuniCanto
#LGx15
Para Fátima Pego o galego tamén conecta, tamén é universal. Con el as distancias acúrtanse! Mesmo enriba do escenario da orquestra e fóra de Galicia!
A Fátima o galego abriulle portas... e corazóns! 🩵
#LGx15
Para Fátima o galego é o fío invisible que a une coa casa, coa súa esencia... Estea onde estea, faga o que faga... É a súa maneira de mirar o mundo. E non é unha frase dunha cunca.
"Yo si te empiezo a hablar en castellano, ya no soy yo...", ironiza.
#ComuniCanto
#LGx15
Que estaremos a facer mal?, pregúntase Fátima Pego.
Ela viviu moitas situacións en que cambiar ao castelán era sinónimo de respecto. E aínda hoxe lle dá mágoa que compañeir@s seus (@s do 99%) eduquen as súas crianzas en castelán...
#ComuniCanto
#LGx15
Porén, hai uns anos Fátima Pego volveu ao seu colexio facer unha reportaxe: de 25 nenos/as tan só un par deles falaba en galego (e porque na casa lle dicían de falalo coa avoa ou coa avó; non era un galego en plan "e que comprouno, que traballo lle ía dar").
#ComuniCanto
#LGx15
Toda a infancia e xuventude de Fátima foi en galego e nun contorno galego (por moito que custe imaxinalo hoxe en día). Un dato: no seu colexio o 99% da rapazada falaba en galego e tiña dificultades para se expresar en castelán.
#ComuniCanto
#LGx15
Fátima Pego sempre viviu a lingua con naturalidade, de aí que a súa "loita" particular comezase cando en certas ocasións tiña que dar explicacións a por que falaba en galego (algo que é consciente que lle pasa a máis xente).
#ComuniCanto