O camiño da enfermidade vólvese máis estreito cando os apoios desaparecen. Esta imaxe lémbranos unha dura realidade: "Nas boas está calquera, nas malas ficas só". A #Fibromialxia non só doe no corpo, tamén doe no silencio de quen marcha. 👤💜 #Invisibilidade #Soidade #DorCrónica
A fibromialxia explicada sen palabras: un corpo atrapado nunha gaiola de espiños que nace de si mesmo. Unha cadea invisible onde a dor se volve muros e o silencio, a súa única testemuña. Arte que dá voz ao que moitas veces non se ve. 🎨💜 #Fibromialxia #DorCrónica #Visibilidade
A enfermidade non remata cando saes do hospital. Moitas persoas seguen loitando en silencio cada día, aínda que xa non estean ingresadas. A saúde non se ve sempre, e lembrar de alguén só cando está no hospital é esquecer a súa batalla diaria. #Enfermidade #Fibromialxia
As palabras emocionan cando nacen da dor compartida.
No Faro de Vigo publícanme este artigo de opinión polo Día da #Fibromialxia e da #FatigaCrónica. Grazas por facernos un pouco máis visibles.
🔗 farodevigo.es/opinion/2025/0…
#12DeMaio