Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#FranLe
Advertisement · 728 × 90
Post image

62. Señora de rojo sobre fondo gris de Miguel Delibes. Fermoso canto ó amor perdido e mecanismo psicolóxico de exorcización da dor pola perda. Claramente autobiográfico, é unha mostra inmensa da excelsa calidade de Delibes. Marabilloso libro. E última lectura do ano.
#FranLe #Lecturas24

1 0 1 0
Post image

61. Los chicos de la Nickel de Colson Whitehead. Racismo, intolerancia e morte, loita polos dereitos civís e, de fondo, a figura do Dr. King. Ten partes marabillosas e un final sorprendente, con algúns fragmentos na segunda parte algo menos conseguidos, pero aínda así un novelón.
#Franle #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

60. La colección de Juan Mayorga. Obra teatral gaseosa onde se xoga coa 'colección' como un significante baleiro que a lectura pode encher de varias maneiras (algo que destaca Juan Pimentel na súa análise anexa). Eu relaciónoa coa memoria, coa herdanza, coa angustia existencial.
#franle #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

59. La hermana menor de Mariana Enríquez. Interesante retrato dunha personalidade, un tempo e un pensamento cultural. Faltan pezas na lectura, pero o que hai abonda para coñecer mellor a Silvina Ocampo, Bioy Casares e Borges. Suficiente? Penso que non.
#FranLe #Lecturas24

1 0 1 0
Post image

58. Cinco horas con Mario de Miguel Delibes. Impresionante descrición da sociedade española no franquismo dende un punto de vista equidistante que constrúe personaxes e personalidades de forma maxistral. Sen palabras.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

57. Los hombres del norte de John Haywood. Crónica da presenza dos vikingos en terras britanas, con notas doutros territorios. A súa presenza en Iberia ten o peor capitulo do libro, pésimo. O tema central está moi ben tratado, os secundarios son mellorables. Decepcionoume.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

56. El espejo de un hombre de Stephen Greenblatt. O mellor resume faise invertindo o seu subtítulo: época, obra e vida de W. Shakespeare. Moi interesante se queres coñecer a vida na Inglaterra dos últimos Tudor e os primeiros Estuardo. Algo repetitivo, pero interesante.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

55. Ciencia ficción capitalista de Michel Nieva. Horrible. Repleto de lugares comúns, ideas baleiras, análises absurdas e oportunidades perdidas. A CF é un anzol usado sen sentido. Só crítica a Elon Musk e millonarios análogos sen sentido nin rigor. Fuxide deste libro.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

54. La anomalía de Hervé Le Telier. Interesante contacto entre CF, novela de ideas, policial, sentimental... para tratar o tema universal da fraxilidade da vida e do seu sentido a partir dunha premisa sinxela: un avión cos mesmos pasaxeiros aterra 2 veces en 2 puntos temporais distintos.
#FranLe

0 0 1 0
Post image

53. La fundación de Antonio Buero Vallejo. Impresionante. Conexión intermedia entre El Quixote e Matrix sobre a realidade opresora, as fuxidas, a loita e a busca da verdade. Retrato da natureza humana e lección moral sobre o poder da esperanza. Hai que lela.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

52. 1177 a.C. El año que la civilización colapsó de E.H. Cline. Moi ben fundamentado e sólido na súa defensa dun final multicausal da caída civilizatória que supuxo o fin da Idade de Bronce e o comezo da Idade de Ferro. Escrita sinxela, directa e clara. Didáctico e intelixente.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

51. Galápagos de Kurt Vonnegut. Un despropósito. Ideas confusas escritas sen orde nin concerto nin gusto estético, nunha trama enrevesada, ridícula e pastiche. Un autor capaz do mellor, e aquí tamén do paupérrimo. Repite temas xa coñecidas: sinrazón humana e condena da violencia.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

50. Símbolos naturales de Mary Douglas. Acabeino de ler na Baía de Halong e foi un pracer aprender tanto sobre a relación entre a cultura e a forza das estruturas sociais. A veces algo enrevesado na redacción, pero acabas por adorarlo pola súa forza e claridade.
#FranLe #Lecturas24

1 0 1 0
Post image

49. On tiranny de Timothy Snyder. Desprovisto da súa retórica ianqui é unha reflexión luminosa sobre o valor da democracia e de como defendela. Non hai tradución, pero a súa linguaxe é asequible. A reflexión final está moi ben fundamentada, así como as 20 reflexións anteriores. Xenial. #FranLe

0 0 1 0
Post image

48. La posibilidad de una isla, de Michel Houellebecq. Mala a rabiar. Núcleo narrativo incoherente. Voz narrativa mal definida. Temas e personaxes mal escritos. Uso trapalleiro do marco da CF. Todo o que ten que dicir queda claro nas 100 primeiras páxinas. Novela moi menor.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

47. Nada de Carmen Laforet. Horrible. Moi mal escrita. Voz narradora en terceira persoa baleira de personalidade e historia, plana. Pequeno valor sociolóxico e xeográfico, mais non literario. A linguaxe é pésima. As figuras están mal usadas, moi sobrecargadas.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

46. Maniac de Benjamín Labatut. Nunca neste ano lin 2 libros seguidos do mesmo autor... ata agora. Motivo? Explorar se Labatut é ou non CF. Un xénero con tan flexibles fronteiras, pode tomar esta obra como súa? Persoalmente, penso que si. Escribirei sobre iso. Moi recomendable.
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

45. Un verdor terrible de Benjamín Labatut. Impresionante e imprescindible. Un novo camiño da CF onde a realidade e a ciencia acadan novas cotas e buscan novos obxectivos. Aquí ademais temos unha perspectiva ampla dende a bioloxía, a química, a matemática ou a física. Lédeo!
#FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

44. El género en disputa de Judith Butler. Un clásico do feminismo fundamental no seu tempo, iniciático en moitos temas actuais, pero que co paso do tempo queda desfasado, como o mesmo prólogo de 1999 admite. A lectura é densa, pero gratificante e satisfactoria. Moi recomendable. #FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

43. Abel Sánchez de Miguel de Unamuno. Interesante novela fragmentaria que, sobre unha base existencial, reflexiona a partir do mito de 'Caín e Abel' sobre o sentido da vida; esencialmente tráxico. Irregular, pero interesante. O tema da envexa e o odio está moi ben traído. #FranLe #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

42. Relatos de Deborah Eisenberg. Irregular por culpa duns textos bastante homoxéneos técnicamente, con defectos de tradución e algunha falta de ortografía. O libro transmite certa sensación de descoido. A selección dos textos non é axeitada. Lástima de bois.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

41. Poesía experimental de e.e. Cummings. Irregular en la selección y el comentario de los textos. Algunos poemas se comentan y otros no sin criterio aparente. Tenía altas expectativas, pero acabé decepcionado. Para los curiosos de las vanguardias y el modernismo. Interesante. #FranLe #Reto24

0 0 1 0
Post image

40. Las ratas de Miguel Delibes. Marabillosa crónica do inicio do baleirado do campo español a partir dunha reivindicación da sabedoría e a vida popular dende a personaxe universal do Nini, representante en si mesmo de tantas cousas. Xa non se fan novelas así.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

39. La belleza del marido de Anne Carson. Impresionante. Non creo que poda resumilo nin definilo. É unha experiencia existencia a partir dun matrimonio sen sentido. Imprescindible.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

38. El nervio óptico de María Gainza. Marabilloso, non atopo palabras para definir algún dos estupendo fragmentos de vida e arte que disecciona aquí a aurora arxentina. Un dos mellores libros que lin nesta década, e neste ano seguro. Hai que lelo.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24

1 0 1 0
Post image

37. Cita con Rama, de Arthur C Clarke. CF durísima e lectura esixente polo seu elevadísimo grao de abstracción. Non apto para timoratos. Se che gusta este subxénero, encantarache o libro. A min gustoume, pero levoume a vida lelo. #FranLe #Reto24 #Libros24

0 0 2 0
Post image

36. El rayo que no cesa de Miguel Hernández. Breve poemario, case todo sonetos, de amor sensorial con ecos de JRJ e do simbolismo visual e sonoro da Xeración do 27 en poemas de corte tosco.
Orixinal combinación do clásico e o actual, e ainda así moi irregular. #FranLe #RetoLecturas24

0 0 1 0
Post image

35. Hollywood Babylon de Kenneth Anger (en inglés). Historia do cine clásico dende os anos 20 ata os 60, centrado nas súas personaxes e episodios máis truculentos. Para amantes do morbo e os curiosos do cine clásico. Interesante.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24

0 0 1 0
Post image

34. Hijos de la ira de Dámaso Alonso. Había tempo que non lía nada tan emocionante e conmovedor. Intenso. Visceral. Salvaxe e tenro. Imprescindible. Ten unha fondura infrecuente e unha enerxía contaxiosa. Toda unha experiencia literaria e persoal.
#FranLe #RetoLe24

0 0 1 0
Post image

33. Bolsa para dummies de Josef Ajram. Sobra o 60% do contido, verborrea para esconder poucos conceptos básicos que, cando se atopan, son claros, útiles e están ben explicados. Unha pena que o autor non tomase máis en serio o seu labor. #FranLe #RetoLer24

0 0 1 0