Arrancamos a semana cun novo #LunsDeSementar 🌱, desta vez cunha peza xornalística.
🎙️ Pablo Añón Cousillas, estudante do DG en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, entrevista a Isabel Bravo, directora dende 1999 de A Coruña Opina.
Hoxe é #LunsdeSementar 🌱
📽️ Presentamos “Ida e volta”, un documental interactivo elaborado por Ainhoa Puga, Daniela Granado e Marina Ferradás (Grao en Comunicación Audiovisual).
Xa sabedes o que toca… #LunsdeSementar 🌱
🟣 “Backlash: ‘Ellos se revuelven porque nosotras avanzamos’” é unha reportaxe multimedia sobre o antifeminismo en España.
✍🏼 Carla Márquez Pereira, alumni de Xornalismo (2025 🎓), traballou nesta peza como parte do seu Traballo de Fin de Grao.
Hoxe é #LunsdeSementar 🌱
🎥 "La soledad del jugador de banda" é un documental de Víctor López Mínguez (alumno do Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia) que explora o fútbol como espazo de identidade, comunidade e clase obreira, e como esas relacións se cruzan coa experiencia queer.
Neste novo #LunsDeSementar 🌱 presentamos Xorima, un proxecto transmedia que rescata a historia do grupo homónimo. O Proxecto Xorima foi o TFM da cineasta e documentalista Sofía Naseiro (🎓 Graduada en Comunicación Audiovisual no 2018 e Máster en Xornalismo e Comunicación no 2021).
Hoxe é #LunsdeSementar 🌱
💡 Presentamos 'Anatomía dunha rondalla', unha reportaxe multimedia con testemuñas, documentación histórica e contido audiovisual, asinada por Alexia Collazo, graduada en Xornalismo 🎓
Último #LunsdeSementar do ano 🌱
💡 Presentamos "Bica Magazine”, unha revista da vida social e cultural da vila de Neda (A Coruña), desenvolta por Aldara Castro, graduada en🎓 Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
Arrancamos decembro cun novo #lunsdesementar 🌱
"O Zoar" é unha curtametraxe de ficción académica e independente creada por Uxía Gerpe e Borja Vila, alumni de Comunicación Audiovisual (🎓 2025) que decidiron desenvolver este proxecto no marco do seu TFG.
Hoxe é #LunsdeSementar 🌱
💡Presentamos o proxecto "Entre corpos e clics", unha reportaxe multimedia de Laura Fresneda Muíña (Grao en Xornalismo).
Nova edición dos #LunsdeSementar 🌱
📽️ Presentamos “La de los tres monos”, unha curtametraxe de ficción dirixida por Gael Trujillo Quiroga (Grao en Comunicación Audiovisual).
🎬 Esta peza aborda unha realidade non tan ficticia: romances de instituto e os seus caóticos desenlaces.
Novo #LunsdeSementar 🌱
💡 Presentamos "Mover os marcos”, un podcast sobre o territorio galego desenvolto por Borxa Neira (borxa_neira), licenciado en 🎓 Comunicación Audiovisual.
🔗 Accede ao podcast nesta ligazón: https://www.asementeira.gal/proxecto/mover-os-marcos/
#asementeiradafacom
Hoxe é #lunsdesementar 🌱
✍🏼 Desta volta presentamos "Amazonas: avance y revolución en el periodismo", unha reportaxe multimedia dos alumni de Xornalismo (2024 🎓) Marta Tiago e Rafael Ruiz-Matas.
#asementeiradafacom
Nova edición dos #LunsdeSementar 🌱
💡 Presentamos "MOITOS MOITO”, unha curtametraxe dirixida por Alma Alonso, graduada en Comunicación Audiovisual #AlumniFaComUSC
Trátase "dunha historia dende o amor, de todes nós para todes nós", que naceu como Traballo de Fin de Grao 👇
Xa están de volta os #LunsdeSementar 🌱
💡 E para retomar actividade presentamos "CULTURZ3TA”, un ciclo de actividades culturais impulsado pola alumna do Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual Andrea Rodríguez Regodeseves.
🌱 Hoxe é #lunsdesementar e traemos un proxecto sobre a cidade de Santiago de Compostela.
📷 A alumni de Xornalismo Belén Teiga (2022) é a autora de "1 Espazo, 2 Realidades", un fotozine que trata de amosar como mudou a cidade de Santiago de Compostela dende os anos 80 ata o 2022.
Hoxe arranca o período de exames, así que neste #Lunsdesementar 🌱 rendimos homenaxe a un dos grandes compañeiros nesta época: o café ☕️
Neste #lunsdesementar 🌱 traémosvos a peza gañadora do concurso #OutraCompostela na 21ª edición do festival Curtocircuíto (outubro de 2024) 🏆: "Fontes", de Mario Elías Blanco Boullosa e Andrea Rodríguez Regodeseves.
Hoxe é #lunsdesementar 🌱, pero desta volta con temática de viaxes ✈️
🧳 'La maleta de Pauli' é un blog de viaxes que nace no ano 2016 da man de Pauli González Díaz, na actualidade alumna de 5º de Dobre Grao. Nel ofrécense itinerarios, consellos, guías e información sobre máis dunha decena de países.
Despois destes días de descanso, volvemos cun novo #lunsdesementar 🌱 cheo de fantasía!
✨ "Fantasía e o demais" é unha reportaxe multimedia que pretende amosar unha faceta de Galicia baseada na diversidade, no espectáculo e na arte drag.
Hoxe é #LunsDeSementar 🌱💡
🎬 'O tecido da memoria' é unha curtametraxe documental dirixida polo xa alumni Leo Pereiro Pombo (CAV, 2023) e que nace dun Traballo de Fin de Grao.
Este #lunsdesementar 🌱 queremos celebrar o éxito do proxecto "Meloni: Un marqués en La Gomera", de Aldara Diéguez, que está nominado á Mellor Produción nos IV Premios Ondas del Podcast 👏