Noite de especial en #Lugo, noite da gala dos #MestreMateo, parabéns a premiad@s e nominad@s. Especiamente contenta cos galardóns para A Montaña: Sirât e 360 curvas, mellor longametraxe e mellor documental.
#NaviadeSuarna e #AFonsagrada son de cine 🎥
Hoxe é un día para lembrar as palabras de Constantino Bértolo alá pola década do 10"La verdad es que escribir sobre los premios literarios en España a estas alturas de la película tiene algo de repetición aburrida e insoportable"
O noso querido Tino de Féliz de #NaviadeSuarna
'Sirat' é algo nosa, moitas sorte a Oliver Laxe nesta nova aventura
#NaviadeSuarna
Neste artigo de Praza Pública falan do Gran Suarna, daquel encoro proxectado nos anos 50 para Navia de Suarna, en Navia libramos da presa, pero sufrimos os seus efectos ata 2012.
Non esquecemos
#Memoria de #NaviadeSuarna
Cartel de anuncio da obra de teatro "Tres tarde de verán"
Pois o 12 agosto estreamos unha obra orixinal: "Tres tardes de verán"
Teatro na Praza da Proba de Navia
A dirección, as actrices, os actores, o son e a produción son do país.
Esperámosvos 🎭
#NaviadeSuarna
Onte foi un día especial,moitas emocións na estrea de #Sirat de Oliver Laxe na Plaza da Pobra de Navia. Impresionante, sacódete, hai que vela
Magnífico Sergi López
#NaviadeSuarna.
A finais de xaneiro en #NaviadeSuarna arrancou un clube de lectura. O 13 de xuño imos falar sobre "Eu son o monte" de #SaraGuerrero, celebramos a decisión do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e parabéns!! para a nova Señora das Letras 2025
🗓️25 de maio, ás 21 h.
📌 Na Praza da Proba de Navia, #NaviaDeSuarna
Imos de estrea 📽️🎬
Sirāt, de Oliver Laxe
Segundo a nova estará presente Oliver Laxe e o actor Sergi López
Esperemos que lles dea tempo a chegar de Cannes
Vémonos alí
www.elprogreso.es/articulo/a-m...
O sábado 3️⃣1️⃣de maio imos falar de
"As mulleres e a música.Transmisión da tradición oral".
En 📌 #NaviadeSuarna
Organiza a Rede de mulleres do territorio
Vémonos
Podedes anotarvos nesta ligazón:
⬇️
docs.google.com/forms/d/e/1F...
Muiño de auga, río, monte, A Proba de Navia
Vista da ponte da Pobra de Navia
Primavera, A Proba de Navia
#NaviadeSuarna
Arrancamos o martes, bo día!
#NaviadeSuarna
📣📆 #NaviaDeSuarna #22Feb25 | Charla informativa sobre o parque eólico de Restelo.
📌 Casa do Concello
🕰 12:00
Organizan a Asociación Xuventude do Navia e @adegagz.bsky.social.
Que proxectazo, van as cabanas, o restaurante xa é unha maravilla.
Parabéns a Leticia e a Marifé, #NaviadeSuarna é un lugar mellor con elas.
Ademais cóntanolo Nieves Neira que o fai aínda máis bonito, (cun recordo da fotógrafa de Becerreá Maruja Roca)
#saberdelas
www.elprogreso.es/articulo/a-m...
Cartel do clube de lectura Ler-ia na Proba de Navia. Comenza o venres 31 de xaneiro de 2025 no bar Xegunde. Máis información no correo clube.leria@gmail.com Organizan Asociación Xuventude do Navia e A.V. Irmandade Naviega
Pois imos ler e xuntarmos na Proba de Navia. 📚📖
Clube de lectura Ler-ia
Vémonos o venres
#NaviadeSuarna
Se ves isto, publica um paxaro 🦅🐦🐦⬛🦉🦜🕊️🦆🦩
If you see this, post a bird
Andoriña de cu branco ou avión na Proba de Navia, #NaviadeSuarna
Fotografía nocturna da Proba de Navia (Navia de Suarna) coa mensaxe: Feliz 2025
Que este novo ano se cumpran os vos proxectos. Feliz 2025!!!
#NaviadeSuarna
A Ponte Vella sobre o río Navia.
Navia de Suarna.
#NaviadeSuarna #RioNavia #OsAncares #Lugo #Galiza #Galicia
Noites na Proba de #NaviadeSuarna
Para celebrara Semana Internacional do Patrimonio Cultural, o 14 e o 15 de novembro o Consello da Cultura Galega organiza unhas xornadas de traballo en #NaviadeSuarna sobre o #patrimoniorural. A entrada é libre, vémonos alí