Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#PortaldasPalabras
Advertisement · 728 × 90
Preview
Xesús Alonso Montero | Setestrelo | Portal das Palabras Que é o que non foi o profesor...

O noso #PortaldasPalabras réndelle homenaxe a Xesús Alonso Montero. O expresidente da RAG, home erudito, foi profesor, camarada, fistor...
Velaquí sete palabras para trazar un retrato. #setestrelo
portaldaspalabras.gal/lexico/setes...

8 5 0 0
Preview
Mulleres sabias da terra | Setestrelo | Portal das Palabras Sete historias de pioneiras

Na véspera do Día da Muller e da Nena na Ciencia, lembramos a Ángela Ruiz Robles, Aida Fernández Ríos, María Wonenburger, Jimena e Elisa Fdez. de la Vega, Antonia Ferrín, Olimpia Valencia e Ángeles Alvariño no noso #PortaldasPalabras. #11F @uvigo.bsky.social portaldaspalabras.gal/lexico/setes...

5 2 0 0
Preview
Sete personaxes do Entroido | Setestrelo | Portal das Palabras Disfrázate! Non sexas choqueiro!

Son todos os que están pero non están todos os que son!
O noso #PortaldasPalabras preséntanos sete personaxes do #Entroido.
#entroido #aparicio #charrúa #peliqueiro #pantalla #choqueiro #choqueira #meco #setestrelo
portaldaspalabras.gal/lexico/setes...

2 2 0 0
Preview
Voces de aquí e acolá: xílgaro, pintasilgo e picacardos | Allos con bugallos | Portal das Palabras Paxaro do ano 2026

Pola #Candeloria, medio inverno vai fóra. Aínda que hoxe custe crelo, o refraneiro non engana! Festexamos o casamento dos paxariños e facémolo admirando especialmente o xílgaro, proposta do noso #PortalDasPalabras pola súa elección como Ave do Ano 2026.
portaldaspalabras.gal/lexico/allos...

76 14 0 1
Preview
Tempo de inverno | Xogo | Portal das Palabras Baixas temperaturas, chuvia, neve... e tamén palabras de temporada!

Decembrar, nivoso, escarabana, invernada, avesedo, sieiro, pavuxar...
Xogamos coas palabras e o tempo do inverno neste #verdadeirooufalso do noso #PortalDasPalabras. Non vale mirar antes no #Dicionario!
portaldaspalabras.gal/xogo/tempo-d...

5 3 0 0
Preview
“Xenocidio”, Palabra do Ano 2025 A votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras conclúe con algo máis do 40 % dos votos para unha voz de triste actualidade, un termo creado...

Xa temos #PalabraDoAno2025. A votación popular do noso
#PortaldasPalabras concluíu coa escolla de #xenocidio. O neoloxismo creado polo xurista polaco Raphaël Lemkin é un dos conceptos que cambiaron o mundo.
#Foliada obtivo o segundo posto e #lume o terceiro.
academia.gal/-/-xenocidio...

16 11 0 1
Preview
Palabra do Ano 2025 Palabra do Ano 2025

🗳️"Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”? Cal é para vós a #PalabraDoAno2025? Votade pola vosa favorita ata o domingo 21 de decembro ás 23:59 horas no noso #PortaldasPalabras e compartide!

portaldaspalabras.gal/palabradoano/

3 2 0 0
Preview
“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio”, finalistas na elección da Palabra do Ano 2025

“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio” son as seis voces que optan a se converter na #PalabraDoAno2025. Votade pola vosa favorita ata o 21 de decembro no noso #PortaldasPalabras e compartide!
academia.gal/-/-desfeita-...

5 1 1 2
Preview
Palabra do Ano 2025 Palabra do Ano 2025

Andamos xa á procura da #PalabradoAno2025! Agardamos as vosas suxestións no noso #PortalDasPalabras ata o 1 de decembro. Velaquí todos os detalles da campaña 👇
portaldaspalabras.gal/palabradoano

3 3 1 0
Post image Post image

#Cornamusa é a #PalabraDoDía no #PortalDasPalabras da #RAG

0 0 0 0
Preview
musicóloga | Mira que din | Portal das Palabras Dorothé Schubarth, unha galega de Suíza

O noso #PortalDasPalabras celebra as #LetrasGalegas2025 das #cantareiras con contidos coma este dedicado a Dorothé Schubarth. A etnomusicóloga suíza recompilou milleiros de cantigas por todo o noso país entre finais dos 70 e comezos dos 80 do s. XX.
portaldaspalabras.gal/lexico/mira-...

8 2 0 0
Preview
"Cantareira" incorpórase ao paseo das Palabras do Ano | Real Academia Galega

#Cantareira xa forma parte do paseo das Palabras do Ano de Lugo. Hoxe participamos no descubrimento da inscrición na rúa Menorca, onde locen as voces elixidas polos seguidores do noso #PortaldasPalabras.
academia.gal/-/-cantareir...
#LetrasGalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral

4 1 0 0
Preview
Outros protagonistas do Entroido | Allos con bugallos | Portal das Palabras Isto é un non acabar!

O vellarón, o oso de Salcedo, as madamas e os galáns, o merdeiro ou escabicheiro...
O noso #PortaldasPalabras preséntanos máis personaxes do #Entroido neste #alloscobugallos.
portaldaspalabras.gal/lexico/allos...

5 1 0 0
Preview
O Entroido, día a día | Allos con bugallos | Portal das Palabras De domingo a martes... e máis alá!

Domingo fareleiro, domingo oleiro, domingo corredoiro, domingo lardeiro, xoves de comadres e compadres... O noso #PortaldasPalabras ofrécenos un bo repaso de datas imprescindibles dunha das nosas festas preferidas. Moi bo #Entroido!
portaldaspalabras.gal/lexico/allos...

7 2 1 0

🎤A Palabra do Ano 2024 é CANTAREIRA, muller que canta cantigas populares 👩‍🎤. Esta verba acadou o 25% dos votos, seguida por MEU e MIÑA, a nosa alternativa de "bro" 👊. Cal votáchedes vós? #PortaldasPalabras

3 0 0 0
Preview
‘Cantareira’, Palabra do Ano 2024

E a #PalabraDoAno2024 é... #cantareira! A voz que designa as protagonistas das #LetrasGalegas2025 foi a vosa favorita na elección do #PortalDasPalabras. Soa a poesía e música, a gana de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, á nosa lingua!
academia.gal/-/-cantareir...

14 3 1 0
Preview
Palabra do Ano 2024 Palabra do Ano 2024

Cal é para vós a #PalabraDoAno2024? #aparvar(se), #cantareira, #dina, #emerxenciaclimática, #fala ou #meu #miña?
🗳️ Votade no noso #PortalDasPalabras pola vosa favorita e compartide! Tendes de prazo ata as 23:59 horas do 25 de decembro!
portaldaspalabras.gal/palabradoano/

7 4 0 1
Preview
Palabra do Ano 2024 Palabra do Ano 2024

Unha das cousas que máis nos gusta de que se achegue o 31 de decembro é convidarvos a escoller a Palabra do Ano. Xa podedes enviarnos as vosas suxestións ao #PortalDasPalabras.

📌Compartide e votade a partir do 11 de decembro pola vosa finalista favorita! ⬇️
portaldaspalabras.gal/palabradoano/

4 3 1 2