Esta mañá tivo lugar a sesión sobre Etiquetaxe Nutricional do Ciclo organizado por UDC Saudable, Nutriciona e Universidade Sénior de #Ferrol.
A vindeira sesión será o próximo 27 de marzo que tratará o tema "Os diferentes tipos de fame e a saciedade".
#UDCSaudable #Etiquetaxe #SeniorFerrol
Este venres, alumnado da Universidade Sénior de #Ferrol realizou unha segunda visita ao Arquivo Intermedio Militar do Noroeste. Coñeceron documentos de gran parte da historia de España, especialmente da Ilustración, e o traballo de recuperación da Memoria Histórica.
#ArquivoIntermedio #SeniorFerrol
O pasado venres os/as alumnos/as da Universidade Sénior realizaron a visita ao Arquivo Intermedio Militar do Noroeste. Nesta actividade o alumnado poido ver documentación de gran parte da historia de España, coñecer o traballo de recuperación da Memoria Histórica. #ArquivoIntermedio #SeniorFerrol
No marco das actividades complementarias da Universidade Sénior de #Ferrol, onte comezou o Seminario "O real, o imaxinario e o simbólico nas pinturas do Museo Nacional do Prado", con sesións os xoves de novembro, impartido polo prof. Juan de Dios Ruano Gómez. #Seminarios #SeniorFerrol #MuseoPrado