🤖📚 #EEIUVigo e #EMEUVigo únense á @teleco-uvigo.bsky.social para pór en marcha unha proba piloto de uso #IA xerativa (IAX) na docencia: i.gal/iaxen
En #TelecoVigo, xunto con #EEIUvigo e #EMEUVigo, poremos en marcha o vindeiro curso unha innovadora experiencia piloto coa que buscamos integrar o uso da Intelixencia Artificial Xerativa na docencia dos graos.
Todos os detalles en bit.ly/PilotoIAX
#somosTelecoVigo
📚 A #EMEUVigo vén de iniciar un proxecto de cooperación educativa co #SáharaOccidental
🎒 A primeira actividade consistiu nun obradoiro en liña, sobre combustión, con estudantes de 10-14 anos
🏫 Asistiu alumnado da escola Salem-Ahmed Baricala de Bojador.
buff.ly/3FbjCOP
🪨 A pasada semana máis de cen estudantes de Secundaria acudiron á Escola de Enx. de Minas e Enerxía #EMEUVigo para participar na fase viguesa da Olimpíada de #Xeoloxía.
🌍 Está promovida por #AEPECT, a Sociedade de Xeoloxía e o Colexio de xeólogos en colaboración con diversos organismos.
🔗 i.gal/oxeo
🟣 As actividades conmemorativas do #DíaMullereNenaNaCiencia levaron onte, #11F, ás tres escolas do campus, #EEIUvigo, #EMEUVigo, @teleco-uvigo.bsky.social numerosos obradoiros para alumnas de secundaria.
Máis en i.gal/11f25
📆 A quincena vén cargadiña de eventos! De importantes xornadas, como as #JAI2025 e as #JIB na #EEIUVigo, ás charlas da EE de @teleco-uvigo.bsky.social, pasando pola olimpíada de xeoloxía na #EMEUVigo, e, como non, o #11F
⚠️ Infórmate das actividades que requiren inscrición previa: i.gal/axendavigotec
Dous proxectos de aprendizaxe colaborativa foron presentados a semana pasada na #EMEUVigo #MinaseEnerxía :
➡ Tratan sobre carga de bici eléctrica e propagación de vibracións do terreo.
➡️ Foron presentados ante tribunal, comunidade universitaria e centros de secundaria.
👉 https://buff.ly/3WyeeLw