Máis charlas dos docentes de #TelecoVigo en colexios!
O 16 de marzo Juan Carlos Burguillo impartiu "Intelixencia Artificial: aplicacións, beneficios e riscos" no colexio Calasancias de Vigo, e Cristina López Bravo "Seguridade en dispositivos móbiles" no Salesianos de Lugo.
E o 9 de marzo, o docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Manuel Caeiro estivo nos institutos Muralla Romana, de Lugo, e Río Miño, de Rábade, explicando o dilema dos sombreiros e as mútiples facetas do hacking.
#beTelecoVigo
O 10 de marzo, o docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Juan Carlos Burguillo impartiu a charla de divulgación "Intelixencia Artificial: aplicacións, beneficios e riscos" no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa.
#beTelecoVigo
Charlas #beTelecoVigo | O pasado luns o docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Felipe Gómez Cuba falou ao alumnado do IES Fontem Albei de A Fonsagrada sobre "Chocolate, wifi e buracos negros".
A Área de Normalización Lingüística da @uvigo.bsky.social e #TelecoVigo organizamos esta xornada sobre a IA xerativa en galego, dirixida a profesorado universitario e persoal investigador das áreas técnicas. Tamén a docentes de ESO e bacharelato.
Será o 21 de abril, ás 17.15h, no edificio Redeiras.
Moi interesante esta mesa redonda sobre os obstáculos aos que se enfrontan as mulleres na carreira investigadora, na que participou a docente de #TelecoVigo Soledad Torres!
A docente de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Soledad Torres Guijarro participa mañá nunha mesa redonda que pon fin ao ciclo Ciencia en feminino, organizado pola Deputación de Pontevedra e @gciencia.bsky.social
40 anos de #TelecoVigo! Emociónanos recordar que este curso 2025-2026 cúmprense xa 40 anos da chegada dos estudos de Enxeñería de Telecomunicación a Galicia ❤️
Toda a info en bit.ly/40anosteleco
Descubre o teu futuro en #TelecoVigo!
O 16 de abril abrimos as portas para que coñezas as instalacións da nosa Escola e todas as saídas profesionais do grao en enxeñaría de telecomunicación.
Inscríbete xa en bit.ly/PortasAberta...!
#beTelecoVigo
Ademais dos nosos docentes, tamén hai profesionais de empresas da rede #conexionTeleco impartindo charlas divulgativas por colexios e institutos para fomentar o interese polas carreiras STEM. E algúns deles son exalumnos ou exalumnas de #TelecoVigo!
Así celebramos (por adiantado) o Día Internacional das Nenas nas TIC en #telecoVigo, coa xornada #ElasFanTIC
teleco.uvigo.es/novas/2026/0...
Es alumna ou alumno de 2º do grao #telecoVigo e aínda non sabes cal das 4 Mencións escoller o próximo curso?
Non perdas esta sesión informativa o vindeiro mércores, 18 de marzo!
#somosTelecoVigo
Interesante entrevista á catedrática de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Ana Fernández Vilas en Mujeres en la onda de Radio Voz Vigo e @lavozdegalicia-bot.bsky.social 👌
Podes lela e escoitala en www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo...
Felices de atopar neste artigo sobre pioneiras de @lavozdegalicia-bot.bsky.social á docente de #TelecoVigo Edita de Lorenzo, a primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia (en 2009). Ela mostra a súa preocupación pola fenda de xénero que aínda existe nas carreiras STEM
O venres celebramos unha nova edición de #ElasFanTic en #TelecoVigo 💜Recibimos a alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios Sobreira-Valadares e Fonte Escura, que participaron en dous obradoiros de robótica e programación dirixidos polas nosas estudantes.
Seguimos espallando a nosa paixón pola telecomunicación!
O pasado venres, a docente de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Laura Docío impartiu a charla "Rompendo barreiras de comunicación coa Intelixencia Artificial" no IES Illa de San Simón de Redondela.
Elas fan TIC | 45 nenas e nenos de 5º e 6º de primaria virán mañá a #TelecoVigo para participar en dous talleres técnicos impartidos por alumnas da Escola. Con esta xornada, patrocinada pola cátedra Indra, conmemoramos por adiantado o Día da Muller e da Nena nas TIC 👩💻
O docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Juan Carlos Burguillo estivo a semana pasada no colexio Sagrado Corazón de Celanova, falando ao alumnado sobre as aplicacións, beneficios e riscos da Intelixencia Artificial 👌
#beTelecoVigo
#beTelecoVigo | Os nosos docentes de #TelecoVigo e investigadores de #AtlanTTic ofrecen diversas charlas divulgativas a centros preuniversitarios, para espertar o interese dos nenos e nenas pola telecomunicación e os estudos técnicos.
O foro tecnolóxico de emprego é unha asociación formada por estudantado das Escolas de Enxeñaría de #TelecoVigo, Industriais e Minas. O obxectivo é claro: achegar o mundo profesional ao universitario, facilitando prácticas, colaboracións para TFG/TFM e ata contratacións directas.
O docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Carlos Mosquera estivo o pasado xoves no IES Ricardo Mella de Vigo falando dos "ecos do invisible", eses sinais que nos permiten observar o interior do noso organismo ou localizar avións...
#beTelecoVigo
O venres asinouse o convenio de colaboración para a creación da Cátedra BorgWarner-UVigo, que ten por obxectivo regular a colaboración estable das escolas de #TelecoVigo e Industriais coa empresa de solucións de propulsión e xestión térmica para a industria da automoción.
Nestas actividades, que Foro Tecnolóxico ofrece para os estudantes de #TelecoVigo dentro do programa #orientaTE, móstranse os posibles desempeños dos e das profesionais de telecomunicación en distintas áreas.
Inscríbete antes do 23 de febreiro!
ElasFanCienTec 26 | Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa Escola a 60 alumnas de 4º de ESO do IES Castelao, que gozaron experimentando en dous obradoiros impartidos por estudantes de #TelecoVigo: Detectives de imaxes e Robótica con CuteBot
#beTelecoVigo
Este luns, a docente de #TelecoVigo e investigadora de AtlanTTic Rebeca Díaz estivo explicando que é "a nube" a estudantes do colexio Franciscanos de Lugo e do IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense 👌
#beTelecoVigo
Ademais, hoxe ás 12h, a directora de #TelecoVigo e investigadora de AtlanTTic Rebeca Díaz participará no coloquio “Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero?", organizado por ECOBAS con motivo desta efeméride.
ecobas.gal/events/coloq...
A docente de #TelecoVigo e investigadora de AtlanTTic Rebeca Díaz estivo a semana pasada no CPI de Mondariz explicando ao alumnado onde está e para que se usa a información que subimos á nube 👌
#beTelecoVigo
O docente de #TelecoVigo e investigador de AtlanTTic Íñigo Cuiñas estivo esta mañá no IES Castelao de Vigo, explicando ao alumnado de 1º de Bacharelato as diferentes xeracións da telefonía móbil.
#beTelecoVigo
Os docentes de #TelecoVigo e investigadores de AtlanTTic seguen impartindo charlas divulgativas en institutos coas que contaxian a súa paixón pola telecomunicación 👏
#beTelecoVigo
En xaneiro tivo lugar a 1ª semana de portas abertas da @uvigo.bsky.social pensada para que o alumnado de 2º de Bacharelato descubra a oferta académica e as infraestructuras do campus.
En #telecoVigo recibimos con moita ilusión a 118 estudantes de 9 centros ⮕ teleco.uvigo.es/novas/2026/0...