Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#conexionTeleco
Advertisement · 728 × 90
Post image

Indra, membro de #conexionTeleco, mantén unha estreita colaboración coa @uvigo.bsky.social a través da Cátedra Indra–UVigo. A xornada reuniu un destacado número de representantes institucionais, académicos e empresariais co obxectivo de reforzar o ecosistema tecnolóxico da comunidade 👌

3 0 0 0
Post image

2/3 - "Coche conectado e coche autónomo, unha nova comunidade cooperativa" - Roberto Pérez e Tomás Prado, no IES de Soutomaior.

Moitas grazas a todos e todas por axudarnos a compartir a paixón pola telecomunicación!

#conexionTeleco

1 0 0 0
Post image Post image

Por parte de Optare Solutions:

27/2 - "Coche conectado e coche autónomo, unha nova comunidade cooperativa" - Julio Andón e Celso Conde no IES Monte Carrasco de Cangas.

2/3 - "Como funciona Internet?" - Carolina González e Diego Diarte no CPR La Inmaculada de Ponteareas.

#conexionTeleco

1 0 1 0
Post image Post image

Por parte de @gradiantct.bsky.social, o 27 de febreiro Sindy Rocío Mojica explicou "O lado ético da Intelixencia Artificial" no CPR Santa Cristina de Vigo. E o 3 de marzo Carlota Cañamero falou sobre "IA que cura... ou mesmo cultiva" no colexio Calasancias de Vigo.

#conexionTeleco

1 1 1 0

Ademais dos nosos docentes, tamén hai profesionais de empresas da rede #conexionTeleco impartindo charlas divulgativas por colexios e institutos para fomentar o interese polas carreiras STEM. E algúns deles son exalumnos ou exalumnas de #TelecoVigo!

1 1 1 0
Post image

BorgWarner, integrante da rede #conexionTeleco, leva anos colaborando coa Escola en diferentes ámbitos. Esta nova cátedra reforza a ligazón, impulsando unha formación de excelencia e un futuro profesional conectado coa innovación.

#somosTelecoVigo

1 0 1 0
Post image Post image Post image

Charlas #conexionTeleco | As profesionais de Optare María Roig e Iria Moreiro estiveron no IES Francisco Asorey de Cambados explicando ao alumnado como funciona a fibra óptica 👌
Grazas por axudarnos a fomentar o interese da mocidade polas telecomunicacións!
#beTelecoVigo

1 1 0 0
Preview
Premiados os mellores expedientes de novo ingreso na EET no curso 2025-2026 | Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Patrocinados por tres empresas de conexionTeleco: BorgWarner, Indra e Technica Engineering Buscar canteira entre o alumnado preuniversitario, sementar nelas e neles o interese pola enxeñaría, … Contin...

O 16 de xaneiro foi unha data especial en #telecoVigo: entregamos os premios aos tres mellores expedientes de entrada na Escola e celebramos o acto de presentación das IV #TelecoGames!

#conexionTeleco #beTelecoVigo

teleco.uvigo.es/novas/2026/0...

0 0 0 0
Post image Post image Post image

Agradecemos, unha vez máis, ás empresas de #conexionTeleco BorgWarner, IndraCompany e Technica Engineering, o seu apoio, facendo posible unha dotación de 2000 € por premio.

¡Enorgullécenos ver como o talento segue a crecer entre as nosas novas xeracións! 👏

#beTelecoVigo

0 0 0 0
Post image

En abril será a competición desta fase galega. Os equipos gañadores levarán premios en metálico, grazas ao patrocinio das empresas de #conexionTeleco BorgWarner, Indra, Grupo Oesía e Televés, e ademais pasarán á final nacional.

#beTelecoVigo #OlimpiadasTeleco

1 0 0 0
Post image Post image Post image

Hackathon IBAI4DS 💡 Os nosos estudantes enfrontaronse a un reto tecnolóxico real: Intent Based Management, Closed Loop Automation e LLMs en contornas 5G Edge Computing.

Organizado por Optare Solutions e @uvigo.bsky.social.

Parabéns a gañadores e participantes! 👏

#conexionTeleco

2 2 0 0
Post image Post image Post image Post image

O pasado venres unha delegación de Indra, empresa membro de #conexionTeleco, visitou a nosa Escola, así como as instalacións de AtlanTTic, para tratar diversos temas relacionados coa cátedra Indra-UVigo en Enxeñaría e Tecnoloxía, vixente desde 2023.

1 1 0 0
Post image

Atréveste a participar no hackathon IBAI4DS, organizado por Optare Solutions para estudantes de #TelecoVigo?

O 11 de decembro poderás explorar tecnoloxías clave para automatizar tarefas en contornas 5G e resolver un reto técnico real!

Inscríbete ⭢ bit.ly/IBAI4DS

#conexionTeleco

1 1 0 1
Post image Post image Post image Post image

Grazas aos exalumnos e exalumnas David Vázquez Padín, Adrián Lugilde, Alicia Meleiro e Ainhoa Morales por vir compartir a súa experiencia como investigadores en AtlanTTic co estudantado dos primeiros cursos! Foi na 3ª charla do ciclo #integraTE 'Café &...'

#conexionTeleco

1 1 0 0
Post image Post image Post image

En Indra están a buscar diversos perfís para a súa sede de Vigo: Enxeñeiro/a senior Desenvolvemento FPGA, Enxeñeiro/a senior Antenas, Enxeñeiro/a junior RF GaN...

As persoas interesadas poden escribir a rescarda@indra.es

#empregoTelecoVigo #conexionTeleco

1 0 0 0
Post image Post image Post image

En Indra están a buscar diversos perfís para a súa sede de Vigo: Desenvolvedor/a SW, Enxeñeiro/a senior Procesado de Sinal, Enxeñeiro/a senior Desenvolvemento HW...

As persoas interesadas poden escribir a rescarda@indra.es

#empregoTelecoVigo #conexionTeleco

1 1 1 0
Preview
Diego Nodar, del equipo de Alén Space: «Aspiramos a llegar a la Luna» El cofundador de la empresa con sede en Nigrán asegura que «fue más difícil montar una empresa que hacer satélites»

En @lavozdegalicia-bot.bsky.social hoxe entrevistan a Diego Nodar, cofundador da empresa Alén Space (membro de #conexionTeleco) e exalumno de #TelecoVigo.

#beTelecoVigo

1 1 0 0

Interesante workshop sobre tecnoloxías cuánticas organizado por @gradiantct.bsky.social, empresa membro de #conexionTeleco. Será os días 24 e 25 de novembro!

1 1 0 0
Post image Post image Post image

#conexionTeleco é unha rede de traballo e colaboración entre a Escola e empresas do sector. Grazas ás entidades mecenas e amigas por axudarnos a lograr a excelencia na formación dos futuros profesionais da telecomunicación!

Máis info en bit.ly/RedConexionT...

#beTelecoVigo

1 1 0 0
Post image

Na Escola organizaremos a fase clasificatoria no mes de abril. Os mellores proxectos levarán diversos premios en metálico (grazas as entidades patrocinadoras Indra, Borgwarner, Televés e Grupo Oesía) e pasarán á final nacional.

#conexionTeleco

1 0 1 0
Post image Post image Post image Post image

En Indra, empresa membro de #conexionTeleco, están a buscar diversos perfís para a súa sede de Vigo.

As persoas interesadas poden escribir a rescarda@indra.es

1 1 1 0
Post image

En maio, Brais Sánchez, profesional de Centum, visitou o IES Escolas Proval de Nigrán para falar sobre tecnoloxías que salvan vidas. É unha das charlas ofrecidas por empresas de #conexionTeleco para espertar o interese da mocidade pola telecomunicación.

bit.ly/CharlasTeleco

#beTelecoVigo

0 0 0 0
Preview
15 investigadores de la UVigo preparan su tesis en industrias La modalidad permite conocer las necesidades del tejido empresarial

Cada vez son máis os estudantes que realizan un doutoramento industrial. Unha deles é Nerea Airado, alumna de #TelecoVigo que está preparando a súa tese en Borgwarner, tal e como conta esta noticia de @atlantico.net

#beTelecoVigo #conexionTeleco

www.atlantico.net/vigo/15-inve...

1 1 0 0
Post image Post image

Moitas grazas a Alén Space pola doazón de 6 placas de desenvolvemento PYNQ Z2!

A empresa, que forma parte da iniciativa #conexionTeleco, financiou este equipamento para traballar con el nos laboratorios de #TelecoVigo

Máis info en bit.ly/PlacasPYNQZ2

1 1 0 0
Post image Post image

Pode ser máis bonito o suadoiro, deseñado por @ldavila.bsky.social, que regalamos ao noso estudantado no acto de graduación? Grazas a Indra, empresa de #conexionTeleco, por patrocinar este agasallado co que agardamos que levedes a Escola, polo menos literalmente, preto do ❤️

1 1 0 0
Post image Post image Post image Post image

Onte, o alumnado da materia Arquitecturas e Servizos Telemáticos (3º do grao) visitou as instalacións de Optare Solutions. Os profesionais, moitos deles exalumnos da Escola, explicaron como usan as tecnoloxías frontend e backend no desenvolvemento dos seus proxectos.

#conexionTeleco

1 1 0 0
Post image Post image

Neste acto entregáronse os premios aos mellores traballos, avaliados polas empresas patrocinadoras (todas elas de #conexionTeleco). Os proxectos gañadores foron OmniWatch, por parte de Marine Instruments, RoboTopo por parte de Optare Solutions...

0 0 1 0
Video

Este curso levamos máis de 100 charlas divulgativas de docentes de #telecoVigo e profesionais de empresas da rede #conexionTeleco en centros educativos preuniversitarios. Agardamos ter contribuído así a que algúns rapaces e rapazas atopasen a súa vocación #betelecoVigo!

1 1 0 0
Post image

Mil grazas tamén as empresas de #conexionTeleco que patrocinaron as olimpiadas e financiaron os premios: Indra, Grupo Oesía, Televés e Borgwarner.

1 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

O xoves algúns dos nosos estudantes participaron nun Hackathon organizado por Optare Solutions xunto a #TelecoVigo! O reto abordou a tecnoloxía WebAssembly como unha técnica de virtualización lixeira para os contornos Edge.

Parabéns a todos os gañadores!

#conexionTeleco #orientaTE

0 0 0 0