Es alumna ou alumno de 2º do grao #telecoVigo e aínda non sabes cal das 4 Mencións escoller o próximo curso?
Non perdas esta sesión informativa o vindeiro mércores, 18 de marzo!
#somosTelecoVigo
BorgWarner, integrante da rede #conexionTeleco, leva anos colaborando coa Escola en diferentes ámbitos. Esta nova cátedra reforza a ligazón, impulsando unha formación de excelencia e un futuro profesional conectado coa innovación.
#somosTelecoVigo
Juan José López Escobar recibiu un premio extraordinario de doutoramento pola sua tese ‘Design of a new distributed mist, edge and fog architecture in beyond 5G environments for the Internet of things’, dirixida por Rebeca Díaz e Felipe Gil.
#somosTelecoVigo
E en @atlantico.net, ademais, un resumo do acto de homenaxe de onte: atlantico.net/vigo/univers...
#somosTelecoVigo
Un acto emotivo e feliz, no que moitísimos compañeiros, alumnos e exalumnos quixemos lembrar con Domingo Docampo a súa excelente traxectoria e a fonda pegada que deixou na Escola, e desexarlle agora que goce da súa merecida xubilación.
#somosTelecoVigo
No último episodio do podcast SONUVigo da @uvigo.bsky.social participa a directora de #TelecoVigo, Rebeca Díaz.
A partir do minuto 36, explica o programa piloto para a integración da intelixencia artificial xerativa nas aulas ⮕ bit.ly/SonUVigo10
#somosTelecoVigo
Se estás en 1º de #TelecoVigo, non perdas mañá esta charla que te axudará a xestionar o tempo e mellorar as túas técnicas de estudo de cara a este e os proximos cursos!
É unha actividade #integraTE, un programa de acollida e integración para o novo estudantado.
#somosTelecoVigo
O vindeiro luns comezan as clases. Estamos desexando ter todos os recantos da Escola cheos de vida de novo!
Recorda que podes consultar os horarios da primeira semana (e do resto do curso) do grao en bit.ly/HorariosGETT
#somosTelecoVigo
En #TelecoVigo, xunto con #EEIUvigo e #EMEUVigo, poremos en marcha o vindeiro curso unha innovadora experiencia piloto coa que buscamos integrar o uso da Intelixencia Artificial Xerativa na docencia dos graos.
Todos os detalles en bit.ly/PilotoIAX
#somosTelecoVigo
Esta mañá puidemos comprobar o gran traballo levado a cabo por 28 dos nosos estudantes do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións #DocTIC durante a sesión anual de avaliación 👏
#somosTelecoVigo
Todo listo para o momento máis emocionante do curso!
En breve comezará o acto de graduación de 83 estudantes do grao (GETT e BTTE) e dos mestrados de telecomunicación e ciberseguridade. Parabéns polo voso traballo 👏
#somosTelecoVigo
Todo listo no museo Verbum de Vigo para dar comezo a 2ª xornada dos #LPRODays25. Pola mañá o noso alumnado mostrará os seus proxectos a visitas escolares, e pola tarde, a público xeral. Achegádevos a coñecer as súas interesantes propostas!
#somosTelecoVigo
Parabéns para a nosa alumna Daniela Sanz Toucedo, quen ven de ser recoñecida polo Concello de Tui como referente para as próximas xeracións 👏
Todo un orgullo tela como alumna en #TelecoVigo!
#somosTelecoVigo
Participa o 6 de marzo na xornada teórico-práctica 'Novo espazo. Medidas avanzadas de alta frecuencia e caracterización de materiais', ofrecida pola empresa @rohdeandschwarz.bsky.social. Terá un recoñecemento de 4 horas.
Inscríbete ata o 4 de marzo en bit.ly/CharlaNewSpace
#somosTelecoVigo
No caso dos premios aos mellores expedientes de entrada ao grao, os gañadores foron Lucía Castrillo (do grao en inglés) e Roi Conde (do grao en galego e castelán).
É un orgullo para a Escola contar con todos eles!
#somosTelecoVigo